Presentación

O desafío CanSat é unha iniciativa da Axencia Espacial Europea que reta a estudantes de toda Europa a construír e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco.
Un CanSat é unha simulación dun satélite real, integrado dentro do volume e a forma dunha lata de refresco. O desafío para os estudantes é adaptar todos os subsistemas principais que se atopan nun satélite, como a enerxía, os sensores e un sistema de comunicación, dentro deste espazo tan reducido. Cando o CanSat está listo, introdúcese nun foguete, que lanza o CanSat ata unha altitude de aproximadamente un quilómetro. Entón comeza a súa misión. Durante a caída controlada por medio dun paracaídas realízase un experimento científico e / ou unha demostración tecnolóxica ademais de lograr unha aterraxe segura e analizar os datos recompilados.

A competición ten varias fases: rexional, nacional e europea.  O noso centro participa este ano cun equipo de alumnos de ciclos de Electrónica. O equipo deste ano deseñará un satélite que será quen de emular unha sonda espacial que procure sinais compatibles coa vida. Esperemos que se nos atopamos con algunha forma de vida esta sexa pacífica e poidamos entendernos con ela.

Comezamos esta aventura con moita ilusión e esperamos chegar o mais lonxe posible, tanto como nos leve o noso CanSat.

ImaxinaConstrúe e probaLanzar


Final Nacional Cansat 2023 – Granada

O 18 e 19 de maio de 2023 celebrouse en Granada a Final Nacional do Desafío Cansat 2023. Nela participou como representante galego o equipo Athenea do IES Breamo (Pontedeume).

O equipo gañador desta final foi FDSAT da Comunidade de Madrid, que competirá na final europea (este ano celébrase tamén en Granada). Moita sorte para eles neste novo reto.

Ademáis do gañador absoluto concedéronse os seguintes premios:

  • Premio Honorífico do xurado: Granasat III (Canarias)
  • Premio á misión científica máis destacada: SanFerSat (Extremadura)
  • Premio á mellor difusión e patrocinio: Cansataxular (País Vasco)
  • Premio ás competencias profesionais: Kode Space (Murcia)
  • Premio ao mellor logro técnico: Vegas Team (Andalucía)

Parabéns para os galardoados e para todos os equipos participantes!

Defensa Proxectos Cansat Galicia 2023

  • O 27 de abril de 2023 celebrouse o acto de defensa de proxectos e entrega de premios no Auditorio Xosé Neira Vilas de Santiago de Compostela (Biblioteca da Cidade da Cultura).
  • Neste último evento da fase galega participaron un total de 9 equipos de diferentes centros: equipos CMCSAT.23 (Compañía de María, A Coruña), Athenea e Noxus (IES de Breamo, Pontedeume), TECNOSAT (IES Eduardo Pondal, Ponteceso), Pegasus by Juan (varios centros, Santiago de Compostela), AcaciasSAT, MontecasteloBot e MontSAT (CPR Las Acacias-Montecastelo, Vigo) e SETISAT (IES Escolas Proval, Nigrán).
  • Ao final da xornada entregáronse premios aos equipos participantes:
    • Mellor Logro Técnico – Noxus – IES de Breamo Pontedeume
    • Accésit Mellor logro técnico – Tecnosat – IES Educardo Pondal -Ponteceso
    • Misión científica máis destacada – Athenea – IES de Breamo Pontedeume
    • Accésit misión científica máis destacada – MontSAT – CPR Las Acacias – Montecastelo
    • Equipo máis profesional – CMCSAT.23 – CPR Compañía de María A Coruña
    • Accésit equipo máis profesional- AcaciasSAT – CPR Las Acacias – Montecastelo
    • Mellor difusión e patrocinio – Pegasus by Juan – VermisLab (diversos centros educativos de Santiago)
    • Accésit mellor difusión e patrocinio – MontecasteloBot – CPR Las Acacias – Montecastelo
  • Parabéns para todos os equipos!. O premio ao Mellor Proxecto foi para o equipo SetiSat do IES Escolas Proval (Nigrán), que renunciou a ser o representante na fase nacional polo que o xurado decidiu outorgarlle esa tarefa ao segundo equipo clasificado, Athenea do IES de Breamo. Parabéns e desexamos que fagades un magnífico traballo en Granada. E sobre todo desfrutade da experiencia!
  • Fotos do acto de defensa e entrega de premios:
Seguir lendo “Defensa Proxectos Cansat Galicia 2023”