- O 27 de abril de 2023 celebrouse o acto de defensa de proxectos e entrega de premios no Auditorio Xosé Neira Vilas de Santiago de Compostela (Biblioteca da Cidade da Cultura).
- Neste último evento da fase galega participaron un total de 9 equipos de diferentes centros: equipos CMCSAT.23 (Compañía de María, A Coruña), Athenea e Noxus (IES de Breamo, Pontedeume), TECNOSAT (IES Eduardo Pondal, Ponteceso), Pegasus by Juan (varios centros, Santiago de Compostela), AcaciasSAT, MontecasteloBot e MontSAT (CPR Las Acacias-Montecastelo, Vigo) e SETISAT (IES Escolas Proval, Nigrán).
- Ao final da xornada entregáronse premios aos equipos participantes:
- Mellor Logro Técnico – Noxus – IES de Breamo Pontedeume
- Accésit Mellor logro técnico – Tecnosat – IES Educardo Pondal -Ponteceso
- Misión científica máis destacada – Athenea – IES de Breamo Pontedeume
- Accésit misión científica máis destacada – MontSAT – CPR Las Acacias – Montecastelo
- Equipo máis profesional – CMCSAT.23 – CPR Compañía de María A Coruña
- Accésit equipo máis profesional- AcaciasSAT – CPR Las Acacias – Montecastelo
- Mellor difusión e patrocinio – Pegasus by Juan – VermisLab (diversos centros educativos de Santiago)
- Accésit mellor difusión e patrocinio – MontecasteloBot – CPR Las Acacias – Montecastelo
- Parabéns para todos os equipos!. O premio ao Mellor Proxecto foi para o equipo SetiSat do IES Escolas Proval (Nigrán), que renunciou a ser o representante na fase nacional polo que o xurado decidiu outorgarlle esa tarefa ao segundo equipo clasificado, Athenea do IES de Breamo. Parabéns e desexamos que fagades un magnífico traballo en Granada. E sobre todo desfrutade da experiencia!
- Anuncio institucional na web da Xunta de Galicia: “O instituto Escolas Proval de Nigrán representará a Galicia na fase nacional do certame espacial Cansat”
- Noticia no portal educativo edu.xunta.gal
- Noticia en ValmiñorTV
- Noticia en Telemariñas
- Noticia en Atlántico Diario
- Noticia en Faro de Vigo
- Noticia na web da cadena COPE
- Fotos do acto de defensa e entrega de premios:














































